Kacinas gaña a renovacion por unha temporada no proxecto do Breogán na ACB
Publicado o 25/07/2021 14:22
No baloncesto, o Río Breogán fixo oficial esta mañá nas súas redes sociais que Mindaugas Kacinas vai seguir esta temporada en Lugo. O lituano, de 29 anos, foi unha das pezas importantes para Diego Epifanio, pois achegou de media case nove puntos e 3,7 rebotes por partido. Tras consumarse a volta do Breogán á Liga ACB, agora renova por unha temporada.