CRTVG

Buscar

JxCat anuncia que se absterá e deixará a Aragonès sen investidura este venres

Publicado o 25/03/2021 19:51
JxCat anunciou este xoves que na primeira volta do debate de investidura de mañá venres absterase, polo que o candidato de ERC á presidencia da Generalitat, Pere Aragonès, non poderá contar cos apoios necesarios para ser investido en primeira votación.
A dirección executiva de JxCat celebrou esta tarde unha reunión extraordinaria para decidir o seu voto despois de que as bases da CUP validaran o seu acordo con ERC e trasladaran a presión ao partido que lidera Carles Puigdemont, cuxos 32 deputados no Parlament son imprescindibles para investir a Aragonès.
Ante a "falta de acordo" con ERC para garantir un "goberno estable", a dirección decidiu "absterse na primeira volta do debate de investidura" de Aragonès, informou JxCat nun comunicado.