CRTVG

Buscar

Junts per Catalunya quere unha fronte común independentista en Madrid

Publicado o 18/09/2021 21:00

Junts per Catalunya, os socios de Esquerra Republicana no Goberno catalán, queren unha fronte común no Congreso e no Senado, para beneficiarse da forza do independentismo en cuestións coma os presupostos xerais do Estado.

Na primeira reunión do seu consello nacional, o secretario xeral de Junts per Cat, Jordi Sánchez, sinalou que a unidade independentista en Madrid evitará decisións como a paralización da ampliación do aeroporto barcelonés do Prat, que supón para Cataluña a perda de mil setecentos millóns de euros.

Jordi Sánchez dixo que o segundo gran reto de Junts per Cat é gañar as eleccións locais de 2023. O líder independentista engadiu que eles o que queren negociar co Goberno central é sobre o conflito político e non sobre diferenzas administrativas.

Noticias web

18/09/2021