CRTVG

Buscar

JxCat anuncia unha nova abstención na investidura de Aragonès

Publicado o 29/03/2021 16:35

Cataluña semella abocada a un novo bloqueo político porque a investidura de Aragonès tampouco será posible este martes. Junts per Catalunya volverá absterse na vindeira votación.

As dúas formacións independentistas din que avanzaron na súa negociación, por exemplo nunha reformulación do Consell da República, pero Junts mantén que hai escollos aínda insalvables entre eles. Así e todo, os de Puigdemont cren que chegarán a un acordo en cuestión de días, e aseguran que non esgotarán os dous meses de prazo que, a partir de mañá, establece a lei para convocar automáticamente outras eleccións en Cataluña.

 "Ímonos abster no mesmo sentido que fixemos o venres, non é un non, é un 'agora non'. E iso invítanos a seguir traballado, que é o que estamos facendo", confirmou Elsa Artadi, voceira de Junts per Cataluña. "Para nós non hai impedimentos insalvables, non hai escollos tan grandes para poder impedir que mañá prospere a investidura", aseguraba  Marta Vilalta, voceira de ERC.

Noticias web

29/03/2021