CRTVG

Buscar

Julia Benedetti, en monopatín aos Xogos

Publicado o 27/05/2021 21:59

É a nena prodixio do skateboarding galego. Julia Benedetti volve dos Estados Unidos clasificada para os Xogos. Toda unha proeza que aínda lle custa asimilar: "Foi como, buah, que é de verdade!, porque antes era como «pode ser, pode ser», pero agora é de verdade e faime moita ilusión", conta a nova olímpica.

Din os expertos que en Tokyo pode mesmo estar entre as dez mellores. Con todo o futuro por diante, apenas dá imaxinado a onde pode chegar. "Eu empecei a patinar hai seis anos por pasalo ben, por diversión... De súpeto chamáronme dicindo se quería ir aos campionatos do mundo e despois que igual me clasificaba para as olimpíadas. Eu non o agardaba para nada", explica a skater.

Julia quere ser profesional, pero, por riba de todo, di que o que máis lle importa é divertirse reviravolta tras reviravolta no seu monopatín.

Noticias web

27/05/2021