Os mineiros empezarán en breve un rescate único que pode durar ata o martes
O operativo de rescate de Totalán leva en pé sete noites e oito días. Se non aparece seixo ou lousa que ralentice o traballo da perforadora, mañá luns o equipo de mineiros comezará a construír a galería horizontal que supostamente os conduza ata o pequeno Julen.
O certo é que durante esta tarde, aínda que o ritmo de perforación era dun metro cada hora, tiveron que parar de novo para cambiar a cabeza da máquina e seguir furando. Se non hai máis contratempos, da maquinaria ou os que impoña o propio terreo, poderían chegar ata ese tapón que está nos 71 metros de profundidade ao longo desta madrugada.
Despois chegaría a parte máis delicada do operativo, a fase B, a da creación dunha galería duns catro metros de longo e tres de altura que os levase ata Julen. Só se a estratificación do terreo o permite, se non aparecen novos imprevistos, poderían acabar ese corredor nunhas vinte horas, é dicir, mañá pola tarde.
Os técnicos traballan sabendo que a urxencia por atopar a Julen os obrigou a saltar unha norma básica, a de perforar a terra sen estudos previos do solo e do subsolo. O seixo e a lousa ralentizaron esta tarde a perforadora. Arestora están a 15 metros do seu primeiro obxectivo, o punto desde onde unha vez acabado o pozo vertical comezarán esa galería horizontal que os debería levar a Julen.
Posteriormente terán que encamisar o interior do pozo e reenchelo con terra. Estes dous traballos técnicos durarán 8 horas o que suporía que os mineiros non baixarían ao pozo ata as oito da mañá do luns.
O que suporía que ata o martes, no mellor dos casos non se podería dar co peqeuno Julen. Estas imaxes difundidas pola Garda Civi ensinan a gaiola ideada e creada para rescatar o neno. Está xa no monte de Totalán. Oito mineiros, en quendas de dous e de media hora, irán furando a terra para crear a galería horizontal. Afianzarán o corredor con madeirae só traballarán con equipos de respiración asistida. O guindastre que baixará ata o punto dos 71 metros aos mineiros da Brigada de Salvamento de Hunosa tamén está listo.