CRTVG

Buscar

Juanpe, presentado no Lugo: "Hai que aprender da experencia de Seoane e de Pita"

Publicado o 25/08/2020 17:44

Juanpe Jiménez, novo xogador do Lugo, asegurou que tiña "algunhas ofertas" e foi o futbolista do Almería José Carlos Lazo, ex do conxunto galego, o que o animou a recalar neste equipo procedente do filial do Sevilla.

"Teño referencias do club de anos anteriores, de José Carlos Lazo. Díxome que, sen dúbida, tirase para aquí, que é un sitio marabilloso, unha cidade moi cómoda, e polo club. O vestiario é como unha familia, unha piña, parece que levo máis tempo nel", indicou o centrocampista, que tamén quere aprender da experiencia de Seoane e de Pita.

Noticias web

25/08/2020