Juanfran supera 'o reto do traveseiro'
Publicado o 14/08/2020 16:18
E no adestramento do Lugo vemos a Juanfran en acción, co reto de tirar o traveseiro. Reto co seu axudante Adrián Rubio. Gañou Juanfran. Segue tendo o toque de balón que tiña cando exercía de lateral esquerdo.