CRTVG

Buscar

Juanfran: "Sabemos que se pode e que se vai conseguir"

Publicado o 16/07/2020 19:43

O Lugo medra nas dificultades. Non sabe o equipo de Juanfran de rendicións. Leva demasiado tempo aferrándose ás súas opcións de permanencia. A dous partidos do final, a tensión que poida haber funciona só en positivo. "Levan aturando a presión 17 días, aprenderon a convivir con ela e non é doado. Esa presión que poidan ter axúdalles a sacar o mellor de si mesmos", lembra o técnico.

Porque dende a chegada de Juanfran o Lugo non deixa de sumar. Son 8 puntos en 4 partidos que alimentan as esperanzas albivermellas: "A media de puntos que levamos dá, como mínimo, para sabermos que se pode e que se vai conseguir", sinala o adestrador.

Como o Lugo non sabe de camiños doados, o penúltimo obstáculo é o Tenerife, o mellor equipo da segunda volta, con opcións aínda de pelexar o playoff de ascenso. Pero o técnico valenciano advirte: "Eles van querer apurar a súa última bala con nós e nós temos que lles facer entender que o único equipo que está xogando por algo somos nós",

Juanfran completou unha convocatoria con 25 xogadores na que non están Gerard Valentín, Carrillo nin Fernando Seoane pero recupera ao goleador Manu Barreiro.

Noticias web

16/07/2020