Juanfran fai balance da pretemporada cunhas "sensacións positivas"
O Lugo pecha a pretemporada cun único triunfo e tres derrotas, pero con moi boas sensacións, tal e como sinalou Juanfran: "Independentemente dos resultados da pretemporada, as sensacións son máis que positivas".
Os amigables servíronlle a Juanfran para coñecer os xogadores do filial; contou moito cos máis novos, e semella que terán continuidade durante a temporada. Tamén lle serviron para profundizar na súa idea de xogo: un 4-4-2 coas liñas de presión moi altas, que se defenda ben e que se lle faga incómodo para o rival.
Queda unha semana para a estrea ligueira ante o Fuenlabrada. Os madrileños perderon ante o Raio na súa estrea na pretemporada e quédalles outro amigable máis esta semana. O Lugo só pensa en comezar a competir.
E queda traballo nos despachos. Hai moitas posicións por reforzar. Para a dianteira, está a piques de chegar Dani Romera, procedente do Cádiz, que esta temporada xogou cedido no Alcorcón.