CRTVG

Buscar

Juanfran pide cinco reforzos para completar o equipo do Lugo

Publicado o 22/08/2020 12:56

Juanfran deixou claro cal é a base do seu equipo. E tamén o que busca no mercado: "Dous centrais, un lateral esquerdo e dous xogadores de banda"

O adestrador celebra a continuidade de Campabadal, confirmada nas últimas horas e non descarta a volta de Jaime Seone. Quere aproveitar a dinámica gañadora do final de temporada.

Juanfran: "É algo difícil de xerar en vinte días pero é certo que as caras novas tamén lle dan os equipos ese punto de rebeldía que é o que buscamos"

A próxima semana pode haber preséntacións e vanse xogar os dous primeiros partidos de pretemporada, contra a Ponferradina e o Sporting.

Noticias web

22/08/2020