CRTVG

Buscar

Juanfran, o arquitecto da permanencia

Publicado o 21/07/2020 19:55

A chegada de Juanfran ao Lugo estivo rodeada de escepticismo. Un adestrador sen experiencia viña a se facer cargo dun equipo en descenso. A súa mensaxe para o vestiario foi clara. Alentou o atrevemento e esixiu intensidade: "Tiñan a licenza para se equivocaren dúas, tres, catro e cinco veces, pero non para non competiren e non xogaren con intensidade".

Dende o primeiro día, o seu Lugo competiu. Nunca se rendeu, xamais deixou un partido e foi sumando xornadas sen perder e goles agónicos. Poucos tan decisivas como o de Tenerife; alí, no minuto 93, xogando en inferioridade, atopou o gol que o sacou do descenso, confirmado nunha última xornada que deixa o Lugo por novena temporada consecutiva na Segunda División. "Canto á bagaxe de puntos, 14 de 18 non está mal, se a liga dura dúas xornadas máis mesmo nos metemos en postos de playoff", chancea o técnico. 

E no medio da felicidade sen medida dunha noite de celebración grande, Juanfran despediuse cunha incógnita: "Non sei se Adri e eu imos seguir. Non vos vou mentir, encantaríame dentro de x días que me seguísedes facendo conferencias de prensa. Aquí".

Noticias web

21/07/2020