Juanfran: "Estamos esperando 5 ou 6 incorporacións"
O Lugo incorpora ao Puma pero Juanfran segue a agardar máis fichaxes: "Estamos esperando 5 ou 6 incorporacións nas que se poida descargar a xente de minutos, coas que cando fagas un cambio non se note, que estean na mesma liña, que fisicamente sexan fortes", di o adestrador.
Pero asume o técnico do Lugo que é moi difícil ter eses reforzos antes da estrea en Fuenlabrada: "Nin unha excusa. Oxalá que os tivesemos xa, non os temos pero a nós iso de ir coas orellas un pouquiño baixas o que ten que facer é todo o contrario, sacarmos iso que todos os xogadores demostraron sempre e irmos a Fuenlabrada coa cabeza alta"
Está contento Juanfran co que viu do seu equipo nas probas de pretemporada: "Nós quedamos coa primeira parte do Celta que para nós, despois de velo, foi unha parte dun nivel alto. Non lle deixamos espazos ao Celta, o equipo estivo ben, o Celta non nos creou ningunha ocasión de gol"
Pois o sábado ante o Mallorca na última proba da pretemporada tentará ratificar esas boas sensacións