Juanfran, "encantado" coa posible chegada de Juan Hernández dende o Celta
Publicado o 21/08/2020 19:07
Tamén tivo lugar a primeira conferencia de prensa de Juanfran desde o regreso aos adestramentos do Lugo. E o valenciano non ocultou o seu interese por Juan Hernández. Estaría "encantado" coa chegada do extremo murciano e o Celta estalle buscando acomodo lonxe de Vigo. Ademais Juanfran quere que queden no equipo os xogadores que forman "a columna vertebral do equipo", xogadores que para o técnico son intransferibles.