Juanfran e o Lugo achegan posturas para a renovación do contrato
Publicado o 26/07/2020 18:55

Chegou cando a situación era límite, pero en seis partidos gañou o respecto e a admiración de xogadores, directivos e afeccionados. Como anticipou a Radio Galega, Juanfran asinará a súa renovación e será o adestrador do Lugo para a vindeira temporada.
Os números falan ás claras: 14 puntos de 18 posibles, o equipo chegou á última xornada dependendo de si mesmo, e o xogo e a solidez do Lugo melloraron con el no banco.
Malia non ter experiencia como adestrador, poucos dubidan de que Juanfran é a mellor opción para capitanear o conxunto lucense na temporada 2020-21.