CRTVG

Buscar

Juanfran di que lle parece normal a liga de 22 equipos

Publicado o 28/08/2020 16:12

O adestrador do C. D. Lugo, Juanfran García, asegurou que ve ao equipo "mesmo con máis forza" que a tempada pasada, na que se fixo cargo do banco cando faltaban seis xornadas e logrou a permanencia.

"Quero un equipo forte, que teña claros os mecanismos, que saiba manexar as diferentes situacións que se producen ao longo do partido, e que sexa equilibrado. É o que buscamos nun contexto en que o xogador sente cómodo pero ao que se lle esixa responsabilidade".

Tamén indicou que lle parece "normal" unha liga con 22 equipos.

 

Noticias web

28/08/2020