Juanfran deixa o Deportivo, que segue coa pretemporada coa esixencia do ascenso
Publicado o 29/07/2019 16:38
Juanfran xa non é xogador do Deportivo. As dúas partes decidiron rescindir o contrato. Juanfran podería fichar agora polo Alanyaspor turco. E mentres, o equipo segue coa pretemporada. O mércores xogarán un triangular en Pasarón.
Cambia a temporada, cambia o equipo... pero o obxectivo do Deportivo non. A historia impón.
Aos atacantes, coma Borja, tócalles a dura tarefa de facer esquecer a marcha do goleador Quique González.
Borja Valle marcou no segundo partido preparatorio. A seguinte é pasado mañá en Pontevedra co Tenerife e o anfitrión.