CRTVG

Buscar

Juana Rivas sae de prisión para cumprir a pena na súa casa con control telemático

Publicado o 15/06/2021 10:06

Pola mañá deste martes, Juana Rivas deixou o centro penitenciario Matilde Cantos de Granada, onde ingresara o pasado día 11 para cumprir a condena de dous anos e medio imposta por non entregar os seus fillos ao pai hai catro anos. Juana Rivas abandona o cárcere para cumprir a pena na súa casa con control telemático. A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias clasificou a interna en terceiro grao e aplicou o artigo que permite cumprir a pena no domicilio con pulseira telemática. Para poder aplicar este artigo Juana Rivas cumpre certos requisitos, como ingresar no cárcere voluntariamente, ter condena non superior a cinco anos e que sexa o seu primeiro delito. 

 

Noticias web

15/06/2021