CRTVG

Buscar

Juana Rivas ingresa nun centro de inserción para cumprir condena

Publicado o 11/06/2021 11:40
Juana Rivas ingresa nun centro de inserción para cumprir condena

Juana Rivas ingresou no Centro de Inserción Social (CIS) Matilde Cantos de Granada para cumprir a condena firme de dous anos e medio de prisión por non entregaren os seus fillos ao pai no verán de 2017, segundo informou o seu avogado, Carlos Aránguez.

O letrado xa avanzara que a muller, veciña de Maracena (Granada), non ía “eludir”o ingreso no cárcere decretado polo Xulgado do Penal número 1. Porén, volveu acusar o tribunal de non "atender ningún dos argumentos" que lle trasladou como parte, entre outros, os recursos de reforma e apelación que presentou contra o seu encarceramento.

Segundo dixo, vai usar "todas as vías legais" para que esta situación "dure o menor tempo posible" e se estime o recurso presentado contra o auto que, o pasado 27 de maio, ordenou a detención e entrada en prisión da súa defendida antes do sábado, 12 de xuño. Ademais, confía en que pronto poida obter o terceiro grao penal e lograr o "indulto total" solicitado ao Goberno.

Rivas está condenada en firme por permanecer no verán de 2017 un mes en paradoiro descoñecido xunto aos seus dous fillos para non entregalos ao pai, o italiano Francesco Arcuri. O home fora condenado no 2009 por lesionala e no 2016 a muller agora entre reixas volvera denuncialo por malos tratos.

Noticias web

11/06/2021