Juan José Nieto: "En Galicia o pico prevese a partir do domingo"
Publicado o 01/04/2020 10:38
Facerlle fronte ao coronavirus tamén pasa polos números. Os estudos prevén que o pico de contaxios está a piques de chegar.
Juan José Nieto, catedrático de Análise Matemática na USC: "O pico é inminente. A partir deste domingo podería comezar en Galicia. No conxunto de España hai quen pensa que xa estamos no pico. Sempre hai que ter prudencia con estes datos".
"Creo que desde que se instaurou o estado de alarma si se tomaron as medidas oportunas. É moi doado dicir agora que se podía reaccionar antes".
"Chegado o pico, a evolución da enfermidade é impredicible. É moi arriscado dar calquera prognóstico. Hai que seguir as medidas e buscar que baixen as cifras negativas desta pandemia".