CRTVG

Buscar

Juan Guaidó: "España é un aliado da democracia e da liberdade"

Publicado o 25/01/2020 09:43

Polémica pola decisión de Pedro Sánchez de non recibir o presidente da Asemblea Nacional de Venezuela. Delegou o encontro na ministra de Asuntos Exteriores. 

Arancha González Laya, será, por tanto, a encargada de reunirse hoxe con Juan Guaidó. Pouco despois, participará nun acto na Porta do Sol e na entrega das Chaves de Ouro da cidade, que terá lugar no concello de Madrid coa presenza da presidenta autonómica, Díaz Ayuso, e o alcalde, Martínez-Almeida. Está previsto que Guaidó manteña un encontro privado con Pablo Casado. Tamén recibirá o apoio doutros líderes políticos, como Inés Arrimadas.
Durante a súa xira europea, Juan Guaidó foi recibido, entre outros, polo primeiro ministro británico, Boris Johnson, e onte mesmo, reuniuse a porta pechada co presidente francés Emmanuel Macron. Desde París, Guaidó restáballe importancia a que Sánchez non se reúna con el:"España é aliado da democracia, da liberdade. espero e estou seguro de que se manterá desa maneira e seguiremos insistindo en traballar con todos".

Noticias web

25/01/2020