Juan Guaidó disposto a "facer o necesario" para que entre a axuda a Venezuela
Publicado o 17/02/2019 11:11
O presidente encargado de Venezuela, Juan Guaidó, dixo ante miles de simpatizantes que está "disposto a facer o necesario" para lograr que entren no seu país as axudas almacenadas na cidade colombiana de Cucutá. O líder opositor de Nicolás Maduro fixo estas declaracións durante un evento no que tomou xuramento aos integrantes dunha rede de voluntarios que traballarán no ingreso das doazóns internacionais.