CRTVG

Buscar

Guaidó chama á mobilización pacífica diante dos cuarteis en todas as cidades de Venezuela

Publicado o 04/05/2019 10:11

A diplomacia móvese para buscar unha saída pacífica en Venezuela. Reuniuse o Grupo de Lima e Donald Trump mantivo unha conversa de hora e media sobre o país caribeño con Vladimir Putin. No país, Juan Guaidó chama a poboacion a manifestarse esta fin de semana ante os cuarteis de xeito pacífico para pedirlles aos militares que se sumen ao proceso de transición. Confirma os contactos coa cúpula militar, pero evita dar nomes.

Juan Guaidó, presidente da Asemblea Nacional de Venezuela: "Houbo moitas reunións en moitos sitios, pero estamos en ditadura. Expoñer máis aló do que podo falar neste momento non sería responsable pola miña parte. Hai que respectar a identidade e a palabra empeñada".

Unhas conversas que adiantaba Leopoldo López quen amplía a disidencia con Maduro ao seu círculo máis próximo. "É un home que non pode confiar en quen ten a carón. Hoxe en día Maduro non pode confíar nin en quen lle serve o café", asegurou.

Sobre a situación de Leopoldo López, refuxiado na residencia do embaixador español en Caracas e sobre o que hai orde de detención, o ministro Borrell foi claro. España vaino protexer pero limitará a súa acción política na legación diplomática.

 Josep Borrell. Ministro de Asuntos Exteriores en funcións: "Non imos entregar a Leopoldo López". "España non vai permitir que a súa embaixada se converta nun centro de activismo político"

Venezuela asegura que respectará a inviolabilidade da legacion diplomática española.

Noticias web

04/05/2019