Juan Fuentes e Loli Gómez presentan o Especial Reis Magos 2020 o domingo na Galega
Case todo listo para o gran día, ou máis ben, a gran tarde-noite deste domingo. As súas maxestades estarán en todos os lugares de Galicia. Se queren, poderanos ver chegar ata sen saír da casa, porque a Televisión de Galicia, coma sempre, ofreceralles en directo ese momento co programa especial de Reis a partir das cinco e media da tarde. O equipo de reporteiros que llelo vai contar estará comandado por unha parella de veteranos en recepcións reais...
Eu xa entrevistei a Baltasar e a Melchor, faltariame Gaspar, di Juan Fuentes. Eu entrevistei aos tres e subin as suas carrozas; iso non hai quen o pague, di Loli Gómez
Pretenden repetir a experiencia esta vez desde A Coruña, pero en conexión permanente con Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol.
Como son máxicos van estar en todas as cidades e vilas galegas e nos imos estar atrás deles..., insiste Fuentes, empeñado en reencontrarse con Baltasar.
As súas maxestades estarán acompañadas polos personaxes de conto que adoitan axudarlles a animar a festa e a recoller e xestionar todas as peticións de agasallos que reciben.
Lembrádevos de escribir a carta xa, rápido!!, apunta Juan. As cinco e media na TVG, o domingo, recórdanos Loli Gómez.
Nós, para ser bos, chegamos tarde ...algo de carbón nos van deixar, agardan os dous presentadores.