Juan Carlos Quer: "O que me queda é loitar polo legado de Diana"
Ás portas do xulgado, pouco antes de dar comezo o xuízo de Diana Quer, o seu pai dixo que "é un día moi triste. Ningunha condena vai devolverlle a vida a miña filla, ninguna condena vai reparar o dano da familia. Nós si que xa estamos condenados a unha pena perpetua".
Tras isto asegurou que "por iso o que me queda é loitar polo legado de Diana, que é manter a prisión permanente revisable, unha lei necesaria que salvará vidas fronte a violadores e asasinos reincidentes.
Juan Carlos Quer agradeceu o "cariño e apoio" de todo o país e en especial aos galegos, que "sentiron e choraron a perda de Diana coma se da súa propia filla se tratase".
Tamén quixo agradecer o traballo realizado polos corpos de seguridade do Estado: "Hoxe sentan no banco o mal grazas ao extraordinario traballo dos corpos de seguridade do Estado. Vounos levar sempre no meu corazón. Hoxe o corpo de Diana está nun sitio digno e non nun pozo".