CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer cre que a condena será ratificada

Publicado o 25/11/2020 14:42
Juan Carlos Quer cre que a condena será ratificada

Neste 25 de novembro, o pai de Diana Quer quixo lembrala cunha mención nas redes sociais. Juan Carlos Quer publicou unha mensaxe cunha foto de José Enrique Abuín Gey, condenado pola morte da rapaza, xusto o día en que o Tribunal Supremo revisa a condena de prisión permanente revisable que lle foi imposta.

Di Quer que o Chicle "creu que se riría da súa vítima e da xustiza", e conclúe que "non será así".

Noticias web

25/11/2020