CRTVG

Buscar

Juan Carlos: "Estas situacións hai que afrontalas con valentía"

Publicado o 01/04/2019 19:46

E o Lugo remata a xornada con tres puntos de vantaxe sobre o descenso tras empatar en Alcorcón. O Lugo salva un punto que o obriga a seguir sufrindo. Juan Carlos non quere escoitar falar de derrotismo: "Hai que ser positivos. Non me gusta a xente negativa. Eu entendo que o medo está aí, pero non hai que ter medo. Estas situacións hai que afrontalas con valentía e botarse cara diante. Isto é un reto individual. Non podemos pensar que imos descender. Esa non é a actitude. Hai que poñerse diante e que veña o que faga falta. Esa é a actitude que hai que ter. Dende os xogadores, ata os técnicos, os directivos e os afeccionados. É polo ben de todos. Non se trata do ben de Pita ou de Lazo ou de Juan Carlos, senón de todo o club".

Noticias web

01/04/2019