Juan Antonio Saavedra gaña a copa do mundo de tiro paralímpico
Publicado o 24/03/2021 21:51
Juan Antono Saavedra acaba de proclamarse campión do mundo de tiro paralímpico. O pontevedrés, con discapacidade na man esquerda, obtivo a medalla de ouro na proba de carabina aire tendido 50 metros no torneo celebrado nos Emiratos Árabes. Saavedra foi o primiero deportista español en clasificarse para as olimpíadas do Xapón. Fíxoo en 2018, cando gañara a copa do mundo de Francia. Serán os seus quintos Xogos. Obtivo a prata en Londres e agora, como non, aspira ao máis alto.