CRTVG

Buscar

Jorge Prado: "Agardamos gañar o campionato o antes posible"

Publicado o 28/05/2019 18:13

E temos a Jorge Prado por Lugo cumprindo cos seus compromisos publicitarios. E falando do presente e do futuro do Mundial de motocrós. Está en cabeza, é o líder. Moi centrado no que pase nas próximas semanas. Tratará de reeditar o título do ano pasado. E subir á maxima categoría. E iso que 2019 empezou con problemas para o piloto lucense.

Jorge Prado, campión do mundo MX2: "Empezamos a temporada ben, a primeira proba gañeina. Caín adestrándome, manqueime, perdín a segunda proba. E a partir de aí mellorei. Levo gañado todo o que competín, así que moi ben. Queda moita temporada, hai que seguir sen cometer erros, que é o máis importante. Agardamos gañar o campionato o antes posible, pero o obxectivo é o campionato.

-E despois, que?

- Despois, se todo vai ben e gañamos o campionato, por regulamento tería que pasar de categoría, e comezar a adestrarme na categoría máxima."

Noticias web

28/05/2019