CRTVG

Buscar

Jozabed e Juncá non seguirán no Celta

Publicado o 15/06/2021 19:46

O Celta fai sitio para novas fichaxes. Hoxe aunciou a baixa definitiva de Jozabed e Juncá. No caso do lateral zurdo, o club xa anunciara hai meses a intención de acurtar o seu contrato, que remataba en 2023. Despois de ano e medio en branco, debido a que non contaba cos sucesivos adestradores e as lesións, Juncá queda libre para buscar equipo. Outro dos finiquitados é Jozabed Sánchez, que remataba contrato en xuño do ano que vén. O Celta desvincúlase do centrocampista andaluz, que puidera seguir no Málaga, onde xogou cedido esta pasada temporada.

Noticias web

15/06/2021