CRTVG

Buscar

Joseph Aidoo sofre unha lesión muscular no adutor da perna dereita

Publicado o 24/11/2020 22:32
Joseph Aidoo sofre unha lesión muscular no adutor da perna dereita

Malas novas para o Celta, Joseph Aidoo sofre unha lesión muscular no adutor da perna dereita. O internacional ghanés tivo que retirarse durante a primeira parte do partido contra o Sevilla. Rompeu cando transcorría o minuto 41. Foi titular tras un só adestramento desde que chegara dos compromisos internacionais con Ghana.

Aidoo someterase a novas probas médicas para determinar o alcance da lesión. Polo de pronto, atópase realizando adestramento individual.

Noticias web

24/11/2020