CRTVG

Buscar

Josep Borrell propón un salario mínimo común en toda a Unión Europea

Publicado o 20/05/2019 12:20

A caravana socialista fixo parada este domingo en Valencia e Albacete. O cabeza de lista da candidatura, Josep Borrell, propuxo que se establecese un salario mínimo común en toda a Unión Europea.

O cabeza de lista da candidatura socialista para as eleccións europeas fixo campaña este domingo en Valencia. Josep Borrell propón que se estableza un salario mínimo común para todos os países da Unión Europea.

O candidato socialista tamén aposta por crear un seguro de desemprego europeo, unha unión bancaria que garanta os depósitos de todos e un plan de investimentos para facer fronte ao cambio climático.

A caravana socialista tamén fixo parada este domingo en Albacete. A candidata ao Parlamento Europeo Cristina Maestre interviu nun mítin en que tamén participou o secretario xeral do PSOE. Maestre reclama unha Europa máis forte.


 

Noticias web

20/05/2019