CRTVG

Buscar

José Manuel Vilariño: "Endesa representa o 35% do tráfico anual do porto de Ferrol"

Publicado o 17/10/2019 11:11

O presidente da Autoridade Portuaria do Ferrol, José Manuel Vilariño, cre que "a situacion de Endesa repercutirá notablemente neste porto porque representa actualmente un 35% do tráfico anual".

Vilariño asegura que o peche da central térmica "terá un grande impacto no tráfico marítimo, e tamén na conta de resultados deste porto que o ano pasado quedou entre os tres primeiros de España".

"Pero nada comparable -asegura- coa repercusion económica que este peche vai ter en todo o norte de Galicia".

O presidente da autoridade portuaria conclúe que Ferrol "é basicamente un porto enerxético pero cre que antes de pechar Endesa e tamén Alcoa hai que repensar o proceso de descarbonización e o modelo de cambio enerxético".