CRTVG

Buscar

José Manuel Losada: "Os presos están vivindo un illamento dentro do illamento"

Publicado o 24/04/2020 09:52

Os que están a vivir un dobre confinamento son os presos, máis illados aínda ca antes. As prisións pecharon as portas para protexer os internos, que non poden recibir visitas dos familiares.

José Manuel Losada é un dos integrantes da Comisión de Centros Penitenciarios: "Unha das medidas é tentar excarcerar e impedir a entrada de toda a xente que se poida. Imos falando unha vez á semana cos propios internos para que nos vaian contando as súas experiencias".

"Quero loar que todas as persoas que concorren no cárcere, ben porque traballan ou porque están condenados, se están portando de maneira excepcional. Realmente están asumindo un illamento dentro do illamento. O desprazamento dos presos restrínxese como moito a un módulo. Moitas veces teñen que quedar nas celas, que moitas delas non son individuais".

"Si que acceden aos medios, á televisión, aos xornais... pero si que notan unha falta de información porque o seu contacto con outras persoas se reduciu amplamente. Non poden recibir visitas. Certo é que de 10 chamadas pasaron a 15. En resumo: están sen actividades, sen ese contacto importante coa realidade exterior e iso é o que lles fai sufrir máis".



 

Noticias web

24/04/2020