José Luis Moreno xestionou presuntamente ata 130 sociedades para branquear cartos
Publicado o 13/08/2021 21:08

O ventrílocuo e produtor de televisión, José Luis Moreno, chegou a xestionar ata 130 sociedades repartidas por toda a xeografía nacional. Utilizábaas, supostamente, para conseguir financiamento e para ocultar os beneficios obtidos ilegalmente.
A Policia xudicial empezou a investigar a José Luis Moreno e os seus socios en 2018, a raiz dunha querela presentada por Abanca por un presunto delito de estafa. Tres anos despois, Moreno foi detido acusado de liderar unha organización criminal adicada a malversación e branqueo de capitais. Aseguran os investigadores que a trama chegou a mover 1 millón de euros cada quince dias e a investigación segue aberta.