José Luis Moreno presenta o aval hipotecario para cubrir a fianza de tres millóns para evitar a prisión
Publicado o 08/07/2021 18:53

O produtor televisivo José Luis Moreno presentou na Audiencia Nacional a documentación do aval hipotecario para cubrir a fianza de 3 millóns de euros. Fíxoo pouco antes de que rematara o prazo dado polo xuiz Isamel Moreno para evitar o seu ingreso en prisión. O xuiz aceptou esta forma este medio de pagamento, pero negouse a rebaixar a cantidade da fianza atendendo ao risco de fuxida. José Luis Moreno foi detido por unha presunta estafa de 50 millós de euros, no marco da operación Titella.