José Luis Mateo: "Xogar sen público é un contratempo grave"
Publicado o 11/03/2020 15:13
Non haberá público e non haberá Miudiño na caldeira de Sar para recibir o Joventut. O Obradoiro xa está devolvendo o importe das entradas. Tamén os abonados serán compensados, unha vez que se coñeza durante canto tempo se vai prolongar esta situación.
Para o Obradoiro, non poder contar co alento dos afeccionados, supón un contratempo.