José Luis Ábalos renuncia á secretaría de Organización do PSOE
Publicado o 12/07/2021 20:02

José Luis Ábalos presentou a súa renuncia á Secretaría de Organización do PSOE nunha carta dirixida a Pedro Sánchez e á Comisión Executiva Federal. Santos Cerdán León asumirá as competencias da Secretaría de Organización.
Ábalos destacou a lealdade e o sentido do deber que desenvolveu no partido. Definiu a súa marcha como unha decisión madurada e necesaria desde o punto de vista persoal e familiar. Recoñeceu que os catro anos que estivo á fronte da secretaria foron a maior honra política da súa vida.
Deixou claro que o PSOE é hoxe un partido máis forte e máis consciente do seu rol hexemónico na esquerda e capaz de mobilizar a sociedade para seguir transformando o noso país.