José Juan, heroe ante o Real Madrid: "Aínda estamos nunha nube"
Publicado o 21/01/2021 18:35
Con 41 anos fixo o partido con maior repercusión mediática. O vigués José Juan foi determinante na eliminación do Real Madrid ante o modesto Alcoiano. Fixo ata dez paradas, algunhas espectaculares tras lanzamentos de Lucas Vázquez e de Asensio.
Un día despois do partido aínda non o pode crer: "Estamos nunha nube"