José Coronado recibe o premio OUFF de Televisión
Publicado o 29/09/2021 21:52

O actor José Coronado recibe o premio OUFF de Televisión, un galardón que recoñece a súa longa traxectoria no eido audiovisual con preto de 40 películas e series para a pequena pantalla.
O actor madrileño destacou a importancia da televisión como un medio capaz de entrar nos fogares e gañar o cariño da xente. Antes da recibir o premio participou na preestrea da súa última serie, Entrevías, que protagoniza xunto ao actor galego Luis Zahera.