CRTVG

Buscar

José Bordalás, sobre Aspas: "Para min, Iago Aspas é unha superestrela da nosa Liga"

Publicado o 22/12/2020 16:40

José Bordalás, adestrador do Xetafe, declarou este martes que o dianteiro do Celta de Vigo Iago Aspas é "unha superestrela" da liga española, na que esta xornada se enfrontan ao conxunto galego, revitalizado tras a chegada ao banco de Eduardo Coudet.

O equipo galego chega a este partido nun bo momento tras encadear catro vitorias consecutivas que lle deron un empuxón na clasificación.

"O Celta é un magnífico equipo que ultimamente sacou moi bos resultados. Están nun gran momento de xogo, pero pensamos no noso equipo e en facer un gran partido. Respectamos a todos os rivais confiando nas nosas posibilidades e a nosa fortaleza", dixo Bordalás, que destacou a Iago Aspas como líder do cadro galego.

"Para min, Iago Aspas é unha súper estrela da nosa Liga. Lévao demostrando tempada tras tempada e se non está a xogar nun equipo máis grande é porque el non quixo. Tenlle un grande agarimo ao seu club e imaxino que por iso non estará nun club moito máis grande", confesou.



 

Noticias web

22/12/2020