José Bono creou catro sociedades 'offshore' na República Dominicana, segundo 'OK Diario'
Publicado o 22/03/2021 15:26

O exministro socialista José Bono constituíu catro sociedades 'offshore' na República Dominicana, segundo publica o xornal 'OK Diario'. Bono creou as empresas entre setembro e outubro do ano pasado, coincidindo coa obtención da nacionalidade do país caribeño, que lle outorgou o novo presidente, Luis Abinader.
A República Dominicana non está considerada polos organismos internacionais un paraíso fiscal, pero aplica unha política de vantaxes fiscais para os investidores estranxeiros.