José Antonio Quiroga ponse á fronte da xestora do PSdeG na provincia de Lugo
No PSdeG, o secretario de Organización vaise facer cargo da xestora encargada de dirixir o partido en Lugo tras a dimisión do secretario provincial Álvaro Santos. José Antonio Quiroga ten como gran reto buscar unha saída á disputa aberta entre os socialistas Darío Campos e José Tomé por presidir a Deputación luguesa.
José Antonio Quiroga, man dereita de Gonzalo Caballero no PSdeG, será o encargado de reconducir o partido na provincia de Lugo tras a dimisión do secretario Álvaro Santos, que acusara a Caballero de fomentar a confrontación.
Esa xestora pilotada por Quiroga comezará funcionar esta mesma semana, e entre as súas prioridades ten traballar para resolver as incógnitas xeradas pola disputa que manteñen para presidir a Deputación luguesa o actual responsable en funcións deste organismo, Darío Campos, e o alcalde socialista de Monforte, José Tomé. Hoxe todos eles rexeitaron facer declaracións.