Jorge Prado afaise a subir ao podio cun segundo posto no Gran Premio de Turquía
Jorge Prado rematou o Gran Premio de Turquía na segunda posición ao sumar un segundo e un terceiro posto nas dúas roldas.
Na primeira carreira, o piloto lucense asinou un segundo posto. Prado fixo o holeshot (a primeira volta máis rápida) e mantivo a primeira posición na proba ata os últimos cinco minutos. Deu aguantado a Febvre pero cando atacou Herlings xa non puido manter a primeira posición.
Na segunda carreira reaccionou o líder do mundial Tim Gajser, que marchou en solitario á procura da vitoria. Por detrás quedou unha loita fermosa entre Prado, Cairoli e Herlings, da que saíu gañador o neerlandés.
No campionato, Gajser continúa como líder (310 puntos) e Prado achégase un par de puntos ao piloto esloveno (297). Este mércores volverase correr en Turquía unha nova proba puntuable.