CRTVG

Buscar

Jorge Prado, terceiro mellor tempo nos adestramentos do GP de Valkenswaard

Publicado o 07/03/2020 17:44

Moi bo resultado para o lucense Jorge Prado que acadou a terceira posición nos adestramentos oficiais do GP de Valkenswaard, segunda proba puntuable para o Mundial de MXGP. Prado foi superado por Arminas Jasikonis e Jeffrey Herlings, dous dos favoritos para facerse co título. Por detrás, a 18 segundos dos mellores, entrou Jorge Prado encabezando un grupo de pilotos que se moveron nunha escasa marxe de tempo, con Pauls Jonass e Shaun Simpson inquedando o galego.

Os Países Baixos son a segunda parada do Mundial de MXGP e lembramos que na primeira proba Prado rematara como 9º e 12º clasificado en cada unha das mangas.

Noticias web

07/03/2020