CRTVG

Buscar

Jorge Prado suma 8 puntos nunha xornada desafortunada

Publicado o 12/08/2020 22:39

Esta é a imaxe do Gran Premio de Riga para Jorge Prado: a dos radios do seu pneumático dianteiro rotos. Aí se lle empezou a torcer unha xornada que se presentaba ben propicia dende o comezo. Porque, de feito, o piloto lugués asinou a mellor saída na primeira manga do Gran Premio.

Xa é seu o segundo trofeo Holeshot desta temporada. Ese bo inicio levouno aos postos de privilexio da proba ata que a súa roda dianteira dixo basta. Tivo que marchar aos boxes e aí acabou a súa boa sorte. Porque a saída na segunda manga non foi tan boa e a partir de aí Prado estivo pelexando no medio do pelotón.

Non estivo cómodo na pista letoa e acabou por se ter que conformar cun décimo terceiro posto na proba que fai que sexa noveno no mundial. Na categoría MX2 boa actuación de Rubén Fernández, especialmente na segunda carreira, en que conseguiu subir ata a sétima posición.

O vigués, tras os resultados conseguidos en Riga, ocupa a décimo primeira praza do mundial. O Mundial de MXGP non se despide aínda deste circuíto, na fin de semana, máis motocrós dende Kegums, Letonia, e tamén na G2.

Noticias web

12/08/2020