CRTVG

Buscar

Jorge Prado, sen rival en Bélxica

Publicado o 05/08/2019 12:25

O piloto galego Jorge Prado está a punto de renovar o seu título de campión mundial de motocrós  tras gañar as dúas mangas do Gran Premio de Bélxica.

Prado conseguiu vencer en trece das catorce citas que se levan disputadas esta temporada. En once delas, ademais, facendo dobrete. En Bélxica non tivo rival en ningunha das dúas mangas, en que rodou case sempre en solitario e con moita vantaxe.

A falta de catro Grandes Premios, Jorge Prado podería proclamarse matematicamente campión o vindeiro 18 de agosto no circuíto de Imola.

Noticias web

05/08/2019