CRTVG

Buscar

Jorge Prado sae de Matterley Basin no quinto posto do Mundial

Publicado o 28/06/2021 16:47

Rubén Fernández acadou o liderado en MX2

Jorge Prado sae de Matterley Basin no quinto posto do Mundial logo de rematar nesa mesma posición o Gran Premio de Gran Bretaña. Na primeira manga saíu tan ben como adoita, acadou o hole shot e rematouna de segundo. Na segunda, loitou con Gajser polo liderado nas primeiras voltas, pero foi perdendo ritmo e caeu ata o sétimo posto nunha proba que venceu o esloveno logo dun espectacular man a man con Lefevre nas últimas voltas. 

En MX2 o espectáculo púxoo Rubén Fernández. Vexan que adiantamento lle fixo o vigués a Boisrame na derradeira curva para rematar de segundo a primeira manga. Na segunda non fixo unha gran saída e caeu ao pouco de comezar. Tivo que remontar para rematar de sexto. Pero sumando os dous resultados deulle para subir ao terceiro chanzo do podio no Gran Premio e, o máis importante, para coller o liderado do Mundial con cinco puntos máis que Renaux.

Noticias web

28/06/2021