CRTVG

Buscar

Jorge Prado quere repetir os éxitos a próxima temporada na categoría raíña do motocrós

Publicado o 26/08/2019 15:59

O piloto lucense está batendo un récord de precocidade. Ninguén tan novo... chegou tan lonxe. Este ano arrasou os seus rivais. En Suecia, esta pasada fin de semana, sumou na primeira manga os 20 puntos que necesitaba... despois arriscou e caeu na segunda. Tanto daba. Prado convértese en campión cando faltan tres carreiras: Turquía, A China e Holanda. A próxima temporada dará á categoría raíña do motocrós.
 

Noticias web

26/08/2019