CRTVG

Buscar

Jorge Prado ocupa o posto 19 nos adestramentos do GP de Gran Bretaña

Publicado o 29/02/2020 21:10

Só dous meses e medio despois de romper o fémur nun adestramento, xa temos a Jorge Prado subido á moto e competindo. O lugués chegou a tempo para estar no Gran Premio de Gran Bretaña. É a proba inaugural do mundial de MXGP, a categoría raíña do motocros na que se estrea esta temporada. Prado acabou de décimo noveno a cualificación, xusto na metade da grella mañá, nunha proba que veremos na G2. A primeira manga será ás 14.15 e a segunda ás 17.00 horas. 
 

Noticias web

29/02/2020